viernes, 14 de enero de 2011

Raqueiros X.L. Mendez Ferrin

RAQUEIROS BICHICOMAS E CACOS DA RIBEIRA




RAQUEIROS BICHICOMAS E CACOS DA RIBEIRA
Xa saben que os xenuinos vigueses nunca din O Berbés e si sempre, A Ribeira X. L. MENDEZ FERRÍN
Estes días houbo boas plumas (a de Alvaro Otero, digamos) que
Trataron neste e noutros xornais de Galicia o tema das crebas de xoguetes chineses con que foi bendecida a Costa da Morte, a Costa de Madeira de Buxo de J.C. Cela, a Costa de Nemancos de López Abente, e aínda Pondal e de Alexandre Nerium e doutros.
Para min, non é o mesmo a antdiga e coñecida actividade de andar
Ás crebas que esoutra de andar ao raque que sae tam´´en nos
Diccionarios casteláns. A primeira aactividade consiste en apoderarse legalmente das crebas, isto é, dos bens e de obxetos
Que o mar bota fóra e determinadas costas( o caso dos
Cadáveres e das súas pertenzas, incluúindo dentes de ouro,
Comporta outra consideración xurídica. A segunda actividade
Circunscríbese aos portos ou areais con actividade naval onde
Determinados individups andan ao rebusco de obxetos perdidos
e, ocasionalmente, practica furtos de carácter menor.
A estes últimos, aos que andan ao raque, chámanlle, nunha liña de
Costa que vai da Coruña a Honda barria, raqueiros/raqueros. Na
Moureira de Pontevedra e en Marín reciben o nome de
Bichicomas e, en Vigo , o de cacos da Ribeira. Xa xaben que os
Xenuinos vigueses nunca din O Berbés e si , sempre, A Ribeira. A
idea é a mesma, pro a etimoloxía indícanos ben diversas
procedencias para as palabras raque, bichicomas e caco.
Segundo Joan Corominas, raque é voz de orixe xermánica cux
Introducción, sen un intermediario francés, non ten explicación
Doada. Parece que p bichicoma pontevedrés e marinense procede
dun beach-comber inglès, isto é: “aque que anda vabundeando
Ao rebusco pola Praia”.En canto ao caco, pois é sinónimo de
ladronciño e viría , por vía culta, do grego kakós “mau”: eu que lles
sei.
Cervantes referiuse máis dunha vez aos cacos que no seu tempo
Pululaban pola prai de Sanlúcar, se Vostede relembram. Na
Taberna en casa de comidas Gazpara, na Praza da Princesa de
Vigo, conservanse uns moi grazosos frescos, orixinais de Bao, que
Representan os cacos da Ribeira en plena actividad e nos días de
Após-guerra covil.
Hai moitos anos vin nunha Praia concorrida do Ulster do Eire un
bichicoma que, ao marcharen os bañistas rexistraba as dunas
axudado dun detector de metáis. Agora infórmanme de que esto
está a ser práctica extendida na área de Samil despois dos
grandes días de invasión portuguesa, leonesa, auriense e local
viguesa. Supoño que o detector de metáis a estas alturas
chegaría xa a todas as praias e a todos os bichicomas do Mundo.
Deixo para o final o universo dos bichicomas ou raqueiros que se
Introducen no sistema de cloacas de Madrid (algunas árabes) e
de outras ciudades grandes en procura do ouro e dos valores que a queles inframundos pioderon ter ido parar. Estes raqueiros
existen e foron levados á literatura galega por Belén Feliú nun
conto excelente.




Deixo para o final o universo dos bichicomas ou raqueiros que se introducen no sistema de cloacas de Madrid (algunhas árabes) e de outras cidades grandes en procura do ouro e dos valores que a queles inframundos poideron ter ido parar. Estes ranqueiros existen e foron levados á literatura galega por Belén Feliú nun conto excelente.
Noutra ocasión falaremos das crebas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario