UN LIBRO PARA CADA DÍA
Os irmáns Trigo iluminan os piratas de rocha
Redacción . Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo son autores de 'O burato do inferno', unha novela gráfica en branco e negro ao redor dos piratas que confundían os barcos mercantes para que embarrancasen e así poderlles roubar as riquezas. Edita Faktoría K.
09.02.2011 | 11:44
iaxemos até A Guarda, mediados do século XIX. Pescudemos a través dos ollos de Xosé na historia dos raqueiros, piratas de rocha que alumaban as costas para que os buques que andaban polos arredores se despistasen e acabasen furados e afundidos. Así logo só era ir recoller as riquezas e matar os sobreviventes.
Neste tempo e neste escenario viviremos unha historia de aventuras e suspense, un cómic que nos conduce a través de viñetas en branco e negro, con alto contraste e un trazado moi característico, a un tempo de homes coraxudos pero tamén sinistros, de ideais potentes pero tamén de mesquindades.
Unha historia na que convive o desexo persoal por saber a verdade co oprobio dunha práctica criminal que tentaba reparar as desigualdades daquel tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario