Presentación do libro "O burato do Inferno" na Atalaia

Trala recente publicación da obra, os irmáns Trigo e a editorial Faktoría K escolleron o emblemático edificio da Atalaia da Guarda para facer a presentación do libro. Os autores, que ademáis manteñen lazos familiares e afectivos coa localidade, desexaban poder facer a presentación da súa obra preto do lugar e das xentes que a inspiraron, nunhas datas tan destacadas para a vila como as Festas do Monte que se están a desenvolver durante esta semana. A obra será presentada tamén hoxe mércores 11 de agosto no Salón Viñetas dende o Atlántico, na Coruña.
O edificio no que hoxe atopamos o Museo do Mar é unha réplica da antiga Atalaia construida orixinalmente polo exército portugués no ano1666 durante a Guerra de Independencia de Portugal. E reedificada no 1779 para protexer as costas dos ataques dos piratas africanos. O edificio orixinal foi derrumnbado no ano1943 con motivo das obras no peirao e no 1997 levantouse esta réplica no porto que hoxe alberga unha colección etnográfica de pesca e unha colección malacolóxica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario