Martes 29 de marzo de 2011
última actualización: 09:17
última actualización: 09:17
“As pinturas de van gogh serviron de cásting para a miña novela”
Marcos Calveiro, Escritor, autor de “O pintor de malvas”
Aínda que naceu en Vilanova de Arousa en 1968, reside en Vigo dende hai máis de 30 anos. Nesta cidade, estudou, medrou e reside actualmente (no barrio de Teis). Sen renunciar a súa orixe, reivindícase como vigués. Avogado de formación e autor dende 2005 de oito libros de narrativa, sete deles premiados en distintos certames; e un poemario tamén galardonado. Marcos Calveiro, escritor vigués presente na biblioteca de Munich.
Ser elixido significa que xa entra a formar parte dos arquivos da institutución?
Pois non o sei, supoño. Non coñezo a biblioteca, pero debe de ser enorme. Este xa é o segundo libro que teñen non seus fondos, o primeiro foi “O carteiro de Bagdad”. Os libros elixidos por Múnich integran a exposición The White Ravens en la feria de Boloña, polo que ademais do prestixio, supón unha grande visibilidade para o libro e posibilidades de traduccións.
“O pintor do sombreiro de malvas” é un achegamento á figura de Vicent Van Gogh?
Narra os últimos 69 días na vida do pintor dende a perspectiva do xoven que o acompaña e a relación que se entabla entre eles. Remata irremediablemente co suicidio do artista.
Primeiro foi Vivaldi, agora Vicent, atopa máis inspiradores aos personaxes reais?
Practicamente en tódalas miñas novelas hai algún personaxe histórico, é case como un recurso literario meu. Supón un xeito de achegalos aos rapaces. Gústame o xogo de realidade coa ficción.
Onde establece o límite entre o real e o imaxinario?
Non hai límite, porque non é unha novela histórica. O único que procuro é non retorcer moito a liña do tempo. Uso nomes coñecidos, pero onde van e o que fan é cuestión miña, só preciso algún elemento real que xustifique a súa presenza. Escólloos porque son personaxes queridos e admirados por min dende a miña nenez. Na miña vindiera novela aparece Pancho Villa. Pero bueno, o realmente importante neste libro é a relación que o artista entabla co rapaz.
Aínda así, na lectura da historia apréciase un importante labor de documentación.
Para escribirlo lin todo o escrito sobre o pintor. De feito, o que lle dí ao neno está sacado das frases das súas cartas e o fío conductor da historia son os seus cuadros. Dos retratados saco aos protagonistas das miñas historias, algúns coñecidos outros anónimos. As súas pinturas serviron de cásting para a miña novela.
Na época das redes sociais en internet, como se conquire conectar coa mocidade a través dos libros?
Non teño nen idea. Fago literatura e escribo historias que ás veces serven para os rapaces. Decídeo o editor ou os presidentes dos concursos aos que os mando, que son indistintamente para adultos e para xóvenes. Penso que o que lé un neno de 15 anos, non dista do que lle pode interesar a alguén maior. En canto as redes sociais, é o que hai. Non se pode loitar contra o progreso. Aínda que penso que os rapaces son lectores máis cotiás que os adultos, dos que segundo os últimos datos, o 60% non colleu un libro no último ano. Pero é raro o mozo que non leu a Harry Potter ou calquera outro.