viernes, 21 de enero de 2011

cadernocritica.wordpress.com


O burato do inferno, de José Manuel Trigo e Ramón Trigo

27122010
 O burato do inferno
José Manuel Trigo Ramón Trigo
Faktoría K de Libros, Pontevedra, 2010, 104 páxinas.

Esta novela gráfica levaba catro ou cinco meses agardando a súa quenda nun andel de novidades e estes días de certo vagar permitíronme realizar unha lectura sosegada e atenta. E o certo é que non me defraudou en absoluto. Alén do tratamento visual, onde a escolla realizada, con eses trazos en branco e negro que contaxian o concepto de movemento e de inequívoca filiación cinematográfica, cumpre á perfección o seu cometido; o asunto narrativo encerra un inequívoco atractivo como é o de recuperar a lenda que paria por volta do “burato do inferno” e tratala literariamente, ademais de rescatar tanto a rendible figura dos raqueiros -dalgún xeito tamén presentes accidentalmente na última novela de Manuel Rivas- como as realidades do contrabando e a pirataría no pasado, volvendo a nosa ollada así á importancia que o mar e as súas historias teñen, e deben ter, para o xogo literario.

José M. Trigo e Ramón Trigo
O texto, presentado con pulcritude e claridade, alternando acaidamente varias voces narrativas, reconcílianos ao tempo coa denominada novela de aventuras e mais singularmente coa de piratas, mais tamén afonda nesoutras batallas que teñen lugar nas conciencias dos protagonistas e no seu propio proceder. Francamente un texto recomendable para os que gusten do xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario