martes, 18 de enero de 2011

BANDA NEGRA



Presentación do libro "O burato do Inferno" na Atalaia
Jueves, 12 de Agosto de 2010 00:00 administrador
“O Burato do Inferno”, novela gráfica ambientada nos piratas do século XIX, fará a súa presentación no Museo do Mar da Guarda este Xoves.

Os vigueses Xosé Manuel e Ramón Trigo presentaran o Xoves 12 de Agosto ás 20..30h. na Atalaia da Guarda a súa última producción literaria. Esta parella de irmáns escolleu a vila mariñeira para ambientar a súa última producción literaria: “O burato do Inferno” unha novela gráfica ambientada nas historias dos piratas de terra ou raqueiros , que enganaban con sinais de lume ós barcos que se achegaban por estas costas e así saquealos.

Trala recente publicación da obra, os irmáns Trigo e a editorial Faktoría K escolleron o emblemático edificio da Atalaia da Guarda para facer a presentación do libro. Os autores, que ademáis manteñen lazos familiares e afectivos coa localidade, desexaban poder facer a presentación da súa obra preto do lugar e das xentes que a inspiraron, nunhas datas tan destacadas para a vila como as Festas do Monte que se están a desenvolver durante esta semana. A obra será presentada tamén hoxe mércores 11 de agosto no Salón Viñetas dende o Atlántico, na Coruña.

O edificio no que hoxe atopamos o Museo do Mar é unha réplica da antiga Atalaia construida orixinalmente polo exército portugués no ano1666 durante a Guerra de Independencia de Portugal. E reedificada no 1779 para protexer as costas dos ataques dos piratas africanos. O edificio orixinal foi derrumnbado no ano1943 con motivo das obras no peirao e no 1997 levantouse esta réplica no porto que hoxe alberga unha colección etnográfica de pesca e unha colección malacolóxica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario