jueves, 5 de mayo de 2011

‘SOÑOS ILUSTRADOS’

NO ESPAZO EMAO DE VIGO, ‘SOÑOS ILUSTRADOS’

.
  • BLOG

  •  
  • WEB 

  • KALANDRAKA



  • Interactuar coas ilustracións orixinais e cos libros de KALANDRAKA nos que están plasmadas. Eis un dos obxectivos da exposición “Soños Ilustrados” que se pode ver ata o 10 de xuño no Espazo EMAO da Escola de Artes e Oficios de Vigo, de martes a sábado en horario de 19:00 a 21:00 horas. Á inauguración da mostra asistiron os comisarios, Miguel Vázquez e Federico Fernández, a concelleira de Educación de Vigo, Laura López, responsables e alumnos deste centro académico. Tamén contou coa presenza do artista plástico Ramón Trigo (ilustrador do álbum “As luces que se acenden e se apagan” e da novela gráfica “O burato do inferno”, esta último con guión do seu irmán Xosé Manuel). Nun espazo expositivo acolledor e luminoso, as obras de Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto, Kiko Da Silva e Federico Fernández, descúbrenlles aos visitantes os detalles, as cores, as pinceladas e as claves visuais das historias nas que están baseadas. Nun mesmo percorrido tamén é posible achegarse á variedade e á diversidade de estilos e técnicas artísticas posibles para ilustrar un álbum: obra pictórica, modelado, debuxo, formatos tridimensionais, collage… Público adulto e tamén infantil e xuvenil ten no Espazo EMAO unha magnífica oportunidade para apreciar estoutra forma de Arte, que nace coa vocación de converterse en Soños Ilustrados.

    1 comentario: