viernes, 12 de diciembre de 2014

TRAFEGANDO RONSEIS

Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/12/14

Leviatán

Quedei gratamente marabillada con este álbum e a edición que nos ofreceFaktoría K deste Leviatán de Ramón Trigo, gañador do Premio Lazarillo de álbum ilustrado 2012. Pouco texto, sempre na páxina esquerda, para falarnos dunha viaxe incansable na procura dunha balea que semella unha pantasma, unha illa, unha lata, un... soño inalcanzable, en realidade, porque cómpre coidar a vida de cadaquén para proseguir o camiño, para seguir camiñando cara adiante.
As cores, en branco e negro, pinceladas suxeitas á páxina dereita que semellan estar feitas a grandes brochazos, sen coidado, pero que adquiren grande forza expresiva, e mesmo sorpresiva.
Metaliteratura, case, polas referencias inevitables que o lector realizará con "Moby Dick", e unha carga simbólica que se establece entre a relación complexa entre ser humano e natureza, esta última tan agredida e que tenta sobrevivir. O que non sei é por canto tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario