jueves, 1 de octubre de 2015

LOBADA


Berlín, 1943
O Reichführer Heinrich Himmler, ó carón dun mapa de Europa
onde Galicia está destinada ao cultivo de KARTOFFEL, asina
unha orde para Otto Ranh, investigador que dirixe a Ahnenerbe
(Sociedade dos Estudos para a Historia Antiga do Espírito).
As ordes son trasladarse a Vigo e facerse coa fórmula da brebaxe,
coa que unha curandeira medio meiga sanou de xeito milagroso
as infeccións venéreas que os enxeñeiros alemáns que
traballan nas minas de wolfram contraeran nos prostíbulos do
porto de Vigo.
O Servizo Secreto Aleman aproveita a misión para rematar cos
roubos e as sabotaxes que sofren os cargamentos de Wolfram.
Guión: XOSÉ TRIGO
Debuxos: RAMÓN TRIGO

Á memoria do noso pai, Manuel Trigo, encarcerado ao
rematar a Guerra Civil e aos compañeiros libertarios que,
derrotados, continuaron loitando contra o fascismo pola
xustiza social e a liberdade.
AGRADECEMENTOS

Á inestimable colaboración do historiador Juan Antonio
González Pérez e Alberto Demasy Suarez que aportaron
importantísima documentación e a súa amizade.
© Editorial:
Deputación Provincial da Coruña
Alférez Provisional, 2
15003 A Coruña
Depósito Legal C 1159-2015
ISBN: 978-84-9812-274-9
Imprenta Provincial
A Coruña, 2015
No hay más que un solo golpe y es el más rotundo:
La soledad a un luchador del mundo.
No hay más que un sueño y es el que promete
El puñetazo de la muerte. Vete
Descalabrado a besos con la lona,
Tira la toalla, llora y abandona.
“Ensoñaciones, Figuraciones, Moralidades”
Luis Torras Incera
LIMIAR
Na segunda Guerra Mundial, Galiza tivo un papel importantísimo por dous motivos:
Por unha parte a súa situación xeo-estratéxica respecto as rotas marítimas no Atlántico e as
súas rías que serviron de acubillo de submarinos, mercantes, redes de telecomunicación…
Por outra ao cortarse as comunicación terrestres con China e Corea despois da invasión nazi
da URSS , centros produtores do wolfram, fixo que Galiza posuidora do 90 % do mineral
wolfram no Estado Español, fóra un elemento fulcral para o aprovisionamento deste mineral
esencial para o tratamento do aceiro na industria armamentística (Bombas, proxectís,
blindaxes,…).
Estes elementos fixeron de A Coruña e Vigo auténticos niños de espías dos dous bandos,
propiciando numerosas historias de contrabando, estraperlo, crimes,… centradas ao carón
destas dous cidades e dos máis importantes núcleos de poboación das minas onde se extraía
o wolfram.
Lobada: Operación Kartoffel, narra baixo o formato de relato ilustrado, banda deseñada,
unha destas historias. Magnificamente ilustrada e documentada debulla un relato no que se
mesturan espías, fuxidos, traizóns, crimes, estraperlo, contrabando…
75 anos despois a historia volta a repetirse, unha veces de xeito dramático para o futuro e
outras de xeito cómico.
Obviamente na era das tecnoloxías da información e comunicación os espías físicos son case
substituídos por outros actores, unha veces polo empresariado transnacional, outras pola
redes caciquís locais, mais no fondo segue a ser o mesmo: a explotación irracional e o espolio
dos nosos recursos mineiros, considerados a día de hoxe tamén de carácter estratéxico:
estaño, wolfram, cobre, tantalita e columbita (o coñecido como coltan), ouro… Precisamente
este último presente en moi pequenas cantidades na franxa que vai de Malpica a Tui, propiciou
unha das loitas sociais máis importantes do últimos tempos: a loita contra a mina de
ouro de Corcoesto.
Tamén se repite a historia da Operación Kartoffel (pataca en alemán), esta vez como unha
ópera bufa titulada “Operación Pataca” contra a corrupción nun concello coas mellores patacas
do país e afectado directamente pola mina de Corcoesto.
E aínda temos que escoitar como a Xunta de Galiza, asumindo o seu papel de perfecto colonizado,
defende a destrución futura do noso país, Galiza é unha mina, din dende A Xunta.
Cabana de Bergantiños, Xuño do 2015
BRÁULIO AMARO
Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario