A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e polas Asociacións de Veciños-as de Valenza e Cereo xa teñen perfectamente listas as Xornadas Agro Ecolóxicas que se celebrarán estes venres 27 e sábado 28 de xuño, en Valenza e Cereo (Coristanco).
Unhas Xornadas que continúan co obxectivo de poñer en valor os usos agrogandeiros e forestais da comarca fronte aos intentos converter a mesma nunha meganina como pretenden coa coñecida mina de Corcoesto.
A Primeira parte das mesmas celebrarase o venres 27 de xuño ás 20 h. no local social de Valenza e no que participan:
- Xoán C. Carreira, profesor do Dpto. de Enxeñería Agroforestal da USC, que falará sobre “Agricultura a pequena escala” na que abordará a importancia tanto do seu papel social como da súa produción agraria, fundamental para alimentar á poboación galega. Este tipo de agricultura é unha agricultura de precisión (a máis moderna) pero feita, sen a axuda do satélite, co traballo, a experiencia e a sabedoría de moitas xeracións de labregos e labregas.
- Isabel Vilalba, rexenta unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá. Foi responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, forma parte da directiva da Coordinadora Europea da Vía Campesiña, que foi quen lanzou o concepto de soberanía alimentaria como o dereito da xente a decidir sobre as políticas agrarias da súa terra, e de producir alimentos a nivel local. En xuño de 2012 foi elixida secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Falara sobre este concepto de “Soberanía alimentaria”.
Esta segunda parte estará a cargo de Carmen Freire, labrega que traballa na súa explotación no concello de Rois. Carmen Freire defende que as explotacións familiares dependan máis dos seus propios recursos que das materias primas externas, defende que a agricultura labrega, debería ter en conta que haxa xente vivindo da produción de alimentos (ofrecendo produtos frescos e transformados e en condicións sociais dignas, e dicir, ademais de non explotar a terra, tampouco non explotar as persoas) e de distribución; a a agricultura ten que volver a ser considerada coma un ben social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario