lunes, 18 de diciembre de 2017
viernes, 1 de diciembre de 2017
GALICIA CONFIDENCIAL
Un submarino nazi na ría de Vigo
Seis anos despois de "O burato do inferno", Xosé e Ramón Trigo presentan "Lobada", un relato de espionaxe que toma como pretexto o comercio de volframio entre Galicia e a Alemaña nazi durante a Segunda Guerra Mundial.
Por Elipses e sombras - Eduardo Maroño | A Coruña | 03/11/2016
Comparte esta noticia
Título: Lobada; Autores: Xosé Trigo e Ramón Trigo; Editorial: Deputación da Coruña; Ano: 2016
Os irmáns Xosé e Ramón Trigo publicaron en 2010 O burato do inferno, un relato escuro que recuperaba para a ficción a figura dos raqueiros, piratas de terra que provocaban o naufraxio dos buques que circulaban preto da costa para se apropiar da súa carga. A obra tivo unha boa acollida crítica, aínda que a súa repercusión nos medios foi escasa, como adoita acontecer na banda deseñada galega a excepción duns poucos nomes. Con igual discreción está a ser recibido o seu novo traballo, Lobada (Deputación da Coruña, 2016), unha narración ambientada no Vigo de 1943 que xira arredor do comercio do volframio entre as autoridades franquistas da época e unha Alemaña nazi que dependía do mineral galego para manter en marcha a súa mastodóntica industria bélica. A versión que agora ve a luz é a reelaboración dun antigo proxecto chamado Kartoffel co que os autores quedaron finalistas do Premio Castelao de Banda Deseñada en 2009.Nunha equilibrada combinación de elementos históricos e ficticios, os irmás Trigo imaxinan unha misión de espionaxe que non só ten como obxectivo eliminar as redes de contrabando de volframio senón tamén obter unha fórmula curativa dunha menciñeira do País. Os autores espallan polo texto referencias documentais, algunhas auténticas e outras abertamente falsas, que contribúen tanto a subliñar a veracidade do marco histórico como a reforzar a complicidade co lector. Esta premisa válelles para imaxinar unha ría de Vigo visitada por submarinos alemáns, para retratar a xerifaltes nazis paseando polo porto da cidade e, en definitiva, para incorporar a Galicia a un imaxinario, o da Segunda Guerra Mundial, recreado de forma masiva por ficcións de todo tipo pero inexplicablemente ausente da nosa propia tradición ata hai pouco. Lobada súmase deste xeito a novelas recentes como Febre de Héctor Carré, Izan o da saca de Xabier Quiroga ou Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo, que tiran do fío da memoria colectiva para amosar un pasado incómodo de conivencia entre a Galicia do franquismo e o réxime nazi.
Xurdido da escena fanzineira de Vigo dos anos 80, Ramón Trigo é ben coñecido como ilustrador, faceta na que ten obtido recoñecementos coma o Premio Isaac Díaz Pardo ou o Premio Lazarillo. Debuxante conciso e excelente narrador, caracteriza o seu estilo unha falta de definición deliberada, próxima ao bosquexo, que lle confire ás súas pranchas unha peculiar capacidade evocadora. Trigo levaba ao extremo as súas claves artísticas en O burato do inferno, onde se valía de enormes masas negras para retratar a Galicia bretemosa do século XIX. En Lobada aquel negror expresionista é substituído por tons ocres máis acaídos para retratar un Vigo que se abría á industrialización tras a Guerra Civil. É a única diferenza salientable co seu traballo anterior. Mantense a concisión verbal, a redución do texto ao mínimo imprescindible para descansar o peso narrativo no debuxo. A forte personalidade artística de Ramón Trigo termina por apropiarse do relato por completo.
Eduardo Maroño
Coruñés, do Barrio de Monte Alto, vai para dez anos que escribe sobre cómics en lugares diversos: no seu blog Un ollo de vidro, na páxina culturagalega.org, onde asina a columna Paisaxes de papel, no xornal Praza Pública, e tamén en Galicia Confidencial. Este será un espazo para falar de banda deseñada, as súas obras e os seus autores, de Galicia e do resto do universo.
jueves, 30 de noviembre de 2017
lunes, 20 de noviembre de 2017
ricardo mella. el hombre nuevo: APUNTES SOBRE RICARDO MELLA (2)
ricardo mella. el hombre nuevo: APUNTES SOBRE RICARDO MELLA (2): Ricardo Mella Cea, intelectual anarquista de Vigo. El 23 de abril de 1861 nace en la calle Gamboa (Vigo) el intelectual y teórico del ...
martes, 17 de octubre de 2017
COMIENZA LA CAMPAÑA
Hemos iniciado la campaña en la plataforma Verkami para publicar esta novela gráfica que para nosotros es un proyecto muy especial.
Si te interesa colaborar en su edición y conseguir el libro, encontrarás + info en http://vkm.is/ricardomella
domingo, 12 de noviembre de 2017
RICARDO MELLA EN MADRID 1883/2017
Ricardo Mella llegó a Madrid, por primera vez en el año 1883, cumpliendo una pena de destierro impuesta por la Audiencia Territorial de A Coruña.
134 años después regresa a la tierra del oso y el madroño de la mano de los Hnos. Trigo y su novela Gráfica “El hombre nuevo”.
El sábado 11 de noviembre se presentó en la librería de Traficantes de Sueños el proyecto y la campaña de crowdfunding de la novela gráfica “Ricardo Mella. El hombre nuevo”. Ante un público entregado y conocedor del tema, Javier souto (en representación de la Fundación Aurora intermitente) ejerció de maestro de ceremonias del evento y utilizando un formato de entrevista, consiguió sonsacar a los autores algunos de los entresijos de la elaboración de este proyecto.
domingo, 1 de octubre de 2017
domingo, 1 de octubre de 2017
COMIENZA EL PROYECTO
El objetivo de este diario es mostrar el proceso de trabajo y creación del proyecto RICARDO MELLA. El hombre nuevo.
Comencemos por el principio
Este verano, al terminar una sesión de cine en la sede de A Madriña Asociados,
Javier Souto amigo y compañero de la reconstrucción en la clandestinidad de la CNT en Vigo, nos planteó la idea de hacer un cómic sobre la figura de Ricardo Mella Cea, escritor, intelectual y activista libertario.
Javier nos ofreció el posible apoyo de la Fundación Aurora Intermitente a la que pertenece.
La Fundación promueve "La difusión y fomento de la cultura libertaria española entre la población, como medio para armonizar a las personas con su entorno físico y social.
A mi hermano Ramón Trigo y a mí, nos sedujo inmediatamente la idea, tanto que antes de concretar con Javier ya comenzamos a trabajar en el proyecto.
José Trigo
José Trigo
![]() |
| una de las primeras imágenes del proyecto. |
Suscribirse a: Entradas (Atom)
COMIENZA EL PROYECTO
una de las primeras imágenes del proyecto. El objetivo de este diario es mostrar el proceso de trabajo y creación del proyecto RICARDO...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




