martes, 12 de abril de 2011

EXPOSICIÓN ‘SOÑOS ILUSTRADOS’ EN VIGO



SOÑOS ILUSTRADOS : KALANDRAKA, 12 ANOS DE ÁLBUM GALEGO

Dende o venres 15 de abril ata o 10 de xuño, pódese visitar no Espazo Emao da nosa Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, a exposición“Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego”. A mostra reúne, por primeira vez en Vigo, un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a dez ilustradores: Ramón Trigo, Marc Taeger, David PintorPablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva .
As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas”.

lunes, 11 de abril de 2011

Club Lecturas Debuxadas

ESPAZO LECTURA 


O Burato Do Inferno

O burato do inferno
Edición:
Precio Web: 16.00 € Disponible
FAKTORÍA K presenta a novela gráfica “O burato do inferno”, de Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo: unha historia ambientada no século XIX na Guarda, onde os raqueiros, os piratas de terra, asaltaban e desvalixaban os barcos que facían encallar na costa aproveitando as noites sen lúa, cando prendían fogueiras que lles facían errar o rumbo... A Guarda, Galicia, ano 1858. Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Aínda que Xosé desprezaba o moribundo, non podía negarse a aquela petición. O seu pai, Benito o Lindo, era un home endurecido pola miseria e a fame, que abandoara a súa muller cando quedou embarazada. Durante un tempo foi raqueiro e contrabandista na fronteira con Portugal; despois desapareceu. Xosé non tivo noticias súas ata que comezou a enviarlle cartos para a súa manutención. Trala morte da súa muller, Benito fíxose cargo dos gastos do seu fillo ata que este puido valerse por si mesmo. Mentres ...
Perteneciente a la categoría Librería:Literatura galega:Cómic
Editado por FACTORIA K


26 de abril: Club Lecturas Debuxadas. Lectura recomendada: "O burato do inferno" de Xosé Manuel e Ramón Trigo. Contaremos coa presenza dos autores (Biblioteca Municipal de Gondomar, 20.00h)

martes, 29 de marzo de 2011

Marcos Calveiro "O pintor de Malvas"

Martes 29 de marzo de 2011
última actualización: 09:17

“As pinturas de van gogh serviron de cásting para a miña novela”

Marcos Calveiro, Escritor, autor de “O pintor de malvas”
Aínda que naceu en Vilanova de Arousa en 1968, reside en Vigo dende hai máis de 30 anos. Nesta cidade, estudou, medrou e reside actualmente (no barrio de Teis). Sen renunciar a súa orixe, reivindícase como vigués. Avogado de formación e autor dende 2005 de oito libros de narrativa, sete deles premiados en distintos certames; e un poemario tamén galardonado.
Marcos Calveiro, escritor vigués presente na biblioteca de Munich.
Marcos Calveiro, escritor vigués presente na biblioteca de Munich.
Por segunda vez, unha obra do vigués Marcos Calveiro é seleccionada para participar na Biblioteca Juvenil de Munich. Nesta ocasión a escollida foi “O pintor do sombreiro de malvas”, Premio Lazarillo 2009. Esta institución alemana, escolle cada ano 250 libros en máis de 30 idiomas dos publicados en 50 países. Dende a súa casa e disfrutando do día festivo pola Reconquista, Calveiro compartíu con este medio o orgullo e os beneficios que conleva esta distinción.
Ser elixido significa que xa entra a formar parte dos arquivos da institutución?
Pois non o sei, supoño. Non coñezo a biblioteca, pero debe de ser enorme. Este xa é o segundo libro que teñen non seus fondos, o primeiro foi “O carteiro de Bagdad”. Os libros elixidos por Múnich integran a exposición The White Ravens en la feria de Boloña, polo que ademais do prestixio, supón unha grande visibilidade para o libro e posibilidades de traduccións.

“O pintor do sombreiro de malvas” é un achegamento á figura de Vicent Van Gogh?
Narra os últimos 69 días na vida do pintor dende a perspectiva do xoven que o acompaña e a relación que se entabla entre eles. Remata irremediablemente co suicidio do artista.

Primeiro foi Vivaldi, agora Vicent, atopa máis inspiradores aos personaxes reais?
Practicamente en tódalas miñas novelas hai algún personaxe histórico, é case como un recurso literario meu. Supón un xeito de achegalos aos rapaces. Gústame o xogo de realidade coa ficción.

Onde establece o límite entre o real e o imaxinario?
Non hai límite, porque non é unha novela histórica. O único que procuro é non retorcer moito a liña do tempo. Uso nomes coñecidos, pero onde van e o que fan é cuestión miña, só preciso algún elemento real que xustifique a súa presenza. Escólloos porque son personaxes queridos e admirados por min dende a miña nenez. Na miña vindiera novela aparece Pancho Villa. Pero bueno, o realmente importante neste libro é a relación que o artista entabla co rapaz.


Aínda así, na lectura da historia apréciase un importante labor de documentación.
Para escribirlo lin todo o escrito sobre o pintor. De feito, o que lle dí ao neno está sacado das frases das súas cartas e o fío conductor da historia son os seus cuadros. Dos retratados saco aos protagonistas das miñas historias, algúns coñecidos outros anónimos. As súas pinturas serviron de cásting para a miña novela.

Na época das redes sociais en internet, como se conquire conectar coa mocidade a través dos libros?
Non teño nen idea. Fago literatura e escribo historias que ás veces serven para os rapaces. Decídeo o editor ou os presidentes dos concursos aos que os mando, que son indistintamente para adultos e para xóvenes. Penso que o que lé un neno de 15 anos, non dista do que lle pode interesar a alguén maior. En canto as redes sociais, é o que hai. Non se pode loitar contra o progreso. Aínda que penso que os rapaces son lectores máis cotiás que os adultos, dos que segundo os últimos datos, o 60% non colleu un libro no último ano. Pero é raro o mozo que non leu a Harry Potter ou calquera outro.
ana baena - vigo - 29-03-2011
 

sábado, 26 de marzo de 2011

www.biblosclube.com

Reseña BIBLOS.cLUBE DE LECTORES

 Edicións

JOSÉ MANUEL TRIGO
 O burato do inferno
Un antigo pirata de costa que se atopa ás portas da morte cheo de remordementos manda chamar ao seu fillo, ao que abandoara cando era un neno, para entregarlle uns documentos coas súas derradeiras vontades.